Mulleres, galegas e emprendedoras

“Esta é a historia de Ana, Beatriz, Débora, Esther, Luz, María José, Rosario e Verónica. Viven en lugares diferentes, teñen distintas profesións e nin sequera se coñecen entre elas. Con todo, teñen moito en común. Todas son mulleres, galegas e emprendedoras”

Así comeza o vídeo de presentación para o proxecto conxunto da Xunta de Galicia e a EOI.

A Encarga

Encargáronnos a creatividade, os guións e a producción para relatar en formato vídeo as aventuras de emprendemento de todas estas mulleres.

 

O Resultado

Como eixo creativo usamos o “e” de emprendedoras co fin de buscar un vínculo entre todos os vídeos.
Cada un deles está narrado arredor dun concepto que comenza con esta vogal.
– Así temos o vídeo chamado empezar.
Vivimos, a través da súa protagonista, esa ilusión dos inicios dun proxecto de emprendemento.
– 3 vídeos de casos de éxito. Tres vídeos independentes pero que forman un todo. Cada un deles representa un valor fundamental para lograr triunfar: emoción, esforzo e estratexia.
– O vídeo titulado encontros. Nel, fusionamos tres historias de mulleres que contan xa cunha experiencia ás súas costas no mundo empresarial.

Todos están contados en primeira persoa polas súas protagonistas. Así, cada unha delas aporta ao vídeo a autenticidade e personalidade das súas testemuñas. Como inicio e peche, frases chave que fan o resumo deste espírito.

Unha semana completa con xornadas de traballo case interminables e con múltiples localizacións: a Serra do Caurel, Ourense, Nigrán, A Coruña, Padrón, Pontevedra, Vigo, Arbo… para as grabacións e outra para a edición e posprodución.

Tomamos a imaxe gráfica xa creada para a EOI no comezo do proxecto para deseñar co noso estilo as cartelas e toda a gráfica dos vídeos. Os “es” aparecen cun brillante resplandor. Reflexamos así esa primeira idea da que xorde o emprendemento. Estes “es” teñen un carácter propio segundo cada caso. Así no vídeo “empezar” o “e” rechéase e no de “encontros” o “e” duplícase e voltéase de modo que as dúas vogais teñen unha conversa entre elas.

Detalles

Cliente EOI. Escuela de Organización Industrial

Fecha 2014

Disciplinas Audiovisual, Creatividad, Guión, Dirección de arte, Diseño

 

Un proxecto no que contamos coa inestimable colaboración de Zinqin na parte audiovisual.



Verónica Núñez

“Marmeladas con distintivo de O Caurel”

 

 

 

Débora Franco

“ Traballando nun futuro selo de calidade do viño”

 

 

 

 

Beatriz Longo Piñeiro e Luz Lavía Buceta

“Consultoría ambiental con aires renovados”

 

 

 

Esther Merlo

“A chegada da innovación ao sector madeireiro”

 

 

 

P

Ana, Rosario e María José

“O emprendemento non é unha circunstancia, é unha actitude”